quinta-feira, 8 de dezembro de 2011

CARLOS PAZOS

 Carlos Pazos profesor e investigador da Universidade do Minho  e pertence ao grupo Galabra de investigación

O LIBRO

Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza

Baixo o título de Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921) o autor esténdese con rigor analítico sobre a figura dun escritor pouco convencional e a cabalo entre dous países e do que ben pouco se coñecía  a non ser a singular autoría do volume Xente d ´aldea. Versos Gallegos, publicado en Lisboa no ano 1921. Resultado, así pois, dun intenso labor de documentación e procura, este traballo contribúe de xeito destacado a suxerir moitos camiños interpretativos e, abofé, reflexivos, sobre as relacións entre Galicia e Portugal e, sobre todo, a iluminar ese período máis escuro respecto da vinculación con Galicia de Alfredo Guisado a través da súa intervención nos «campos literarios e culturais» veciños, todo filtrado a través das achegas teóricas realizadas por Even-Zohar e Pierre Bourdieu, que se empregan aquí de xeito moi rendible.

Sem comentários:

Enviar um comentário